Hoxe demos a coñecer os nomes dos gañadores do concurso de microrrelatos que a Biblioteca convocou co motivo de celebrar o día das letrsa galegas 17 de maio .
Na primeira categoría a gañadora foi Irene Quintas de 1º ESO C.
Na segunda categoría o gañador foi Pablo Carrajo de 4º ESO B
Aquí vos deixo os dous para que gocedes coa súa lectura.
Irena Quintas Martinez
E alí estaba el outra vez, tombado na cama , chorando silenciosamente para que os seus pais non se enteraran do que lle pasaba. Lembrándose das risas que botan os nenos da súa clase nos vestiarios cando hai que cambiarse de camiseta en Educación Física mentres lle berraban : "Balea , balea". De todas as veces que no comedor lle tiraban o bocadillo á papeleira ., das continuas amenazas de Xoán para que non dixese nada. Na súa clase xa lle deran moitas charlas sobre o "bullyng" , pero el non tiña amigos, estaba só, e quería que isto acabase xa . Por eso o fixo
Pablo Carrajo
A terra de ninguén
Na terra de ninguén as árbores non teñen follas e as flores son de arame. O que antes foron lugares rebosantes de vida agora están pavimentados con cadáveres e un horizonte interminable de sangue cobre a vista antes de morrer. Eu entrei na terra de ninguén, só para volver a ser un pai sen fillo.
Dongre Lo
No hay comentarios:
Publicar un comentario