miércoles, 10 de febrero de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Unha actividade que estamos a facer por segundo ano consecutivo desde o equipo da biblioteca é a que chamamos mochilas viaxeiras. Dispomos de 5 mochilas cargadas de libros, revistas, banda deseñada, películas.... para que alumnos, polo momento de 1º e 2º de ESO, leven ás súas casas de xeito que toda a familia poida gozar das lecturas e dos videos incluidos en cada mochila. Inclúese tamén unha axenda na que pequenos e grandes poden anotar as súas impresións. 


De

viernes, 5 de febrero de 2010

CAMPAÑA DE LECTURA DE INVERNO

Nun artigo anterior falabamos da primeira campaña de lectura lanzada este curso desde a Biblioteca. As obras que demos a coñecer entre os alumnos foron Resistencia e Cartas de Inverno. As obras elixidas para esta segunda campaña son O Club da Calceta, Persépolis e Perdona si te llamo amor.