Bos días a todos!!
Fai dúas semanas, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas do 17 de maio, a biblio organizou unha Xincana sobre Carlos Casares Mouriño: un xogo de pistas nas que todos os alumnos de 2º ESO tiveron que investigar e resolver diferentes problemas para atopar a Galiña Azul para gañar a xincana.
martes, 30 de mayo de 2017
miércoles, 24 de mayo de 2017
miércoles, 17 de mayo de 2017
Día das Letras Galegas
PRANTO (por Rochi Nóvoa)
Pranto
pola lembranza viva,
no berce acugulado
das accións ingratas.
Fedella o destino
na illa do recordo
engaiolando ós días de retorno.
Ósos fusiformes da memoria,
esnaquizan
o proxecto liberado do naufraxio.
Aflixida no silencio,
visualizo o rostro arrebatado do peito,
sen permiso, roubado.
Alabastros xesados, fican no desvelo,
fuxida a aurora branca,
e as badaladas ...
As badaladas, aínda non marcan á hora.
lunes, 15 de mayo de 2017
Este corpo non é meu
... pola nosa Andrea Cardoso Augusto. Non te perdas esta reflexión chea de coraxe e bos desexos.
Pincha AQUÍ para leres o texto.
Pincha AQUÍ para leres o texto.
lunes, 8 de mayo de 2017
CONCURSO MICRORELATOS
Co motivo do día do libro a nosa biblioteca convocou un concurso de microrelatos para o alumnado da ESO e Bacharelato.
Foron moitos os alumos/ as que participaron coa colaboración das profesoras de lingua castelá e lingua galega : Mª José Prada, Sonia Sanz , Sandra Rivas e Carmen Trigo. Debido a alta participación non foi doado elexir os mellores.
1º Premio 1º ciclo ESO en castelán . Aitana de Arriba Pantaleón
1º Premio 2º ciclo ESO en galego ; Oumaima Fatallah
1º Premio Bacharelato en castelán : Sara Guerra Sandoval
Accésit para Maribel Gómez Pereira 1ºESO C
Relatos premiados:
martes, 2 de mayo de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)