lunes, 12 de marzo de 2012

Día da Muller - Actuación das alumnas do IES Ribeira do Louro

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de contar coa presenza, nalgunhas das nosas aulas, de grandes mulleres da Historia. Viñeron dende Porriño (IES Ribeira do Louro), da man de Virxinia, profe de Filosofía no IES Ribeira do Louro, e Delio, Xefe do Dpto. de Dinamización Lingüística. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que o talento interpretativo das alumnas-actrices do Ribeira do Louro ó poñer en escena os textos elaborados polos seus profesores, nos permitiu acercarnos a mulleres de grande relevancia na Historia mais en moitos casos descoñecidas para nós... Moitos logros de mulleres sobranceiras teñen permanecido ocultos ó longo dos séculos. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, polo voso traballo, polo voso talento e pola vosa xenerosidade ó vir dende Porriño ata Verín para compartir connosco esta marabillosa actividade. Profesores e alumnos quedamos encantados. As mulleres que nos acompañaron neste 12 de Marzo de 2012 foron: Téano: Widad Rizki Agnodice: Raja Rizki María a profetisa: Tamara Iglesia Romero Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa María Soliña: Noelia Fdez Vila Artemisa: Aroa Torres Pérez Olimpia de Gouges: María Prado Díaz George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro Federica Montseny: Clara Avendaño Campos Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva Vandana Shiva: Sara Silva

jueves, 8 de marzo de 2012

Día Internacional das mulleres

Dende a biblioteca, para sumarnos á celebración do Día Internacional da muller realizamos a exposición "Mulleres con mérito e sen fama" que xa podedes visitar.