miércoles, 23 de enero de 2019

Silenciosa purga de libros nas bibliotecas universitarias

Nalgunhas bibliotecas universitarias estase a retirar enormes cantidades de libros. O motivo? Que ninguén os usa. É loxico aplicarlle ós libros criterios económico-prácticos? Os libros xa impresos, prexudican o medio ambente? Reflexionemos sobre o tema lendo este sentido artigo.

https://universoabierto.org/2018/05/07/la-tragedia-de-la-retirada-de-libros-en-bibliotecas-universitarias/

Andrea Cardoso: "Abuelo"

A alumna Andrea Cardoso Augusto escribiu este agarimoso e nostálxico post no seu blog Inconmensurable.

https://andreacardoso25.blogspot.com/2018/11/abuelo.html

miércoles, 16 de enero de 2019

MONUMENTOS ÓS LIBROS - 1

MONUMENTO CONMEMORATIVO DA QUEIMA DE LIBROS POLO NAZISMO
Praza Bebelplatz, Berlín, Alemania.

Na noite do 10 de maio de 1933, nesa praza foron queimados miles de libros censurados polos nazis.

O monumento conmemorativo deste feito consiste nun oco excavado no chan da praza, que aparece na fotografía de debaixo. Está tapado cun cristal, e no seu interior hai estantes baleiros de libros.

















Tamén hai un placa cun texto en alemán escrito un século antes polo autor Heinrich Heine, posto coma premonitorio da queima: Iso só foi un preludio, aí onde se queiman libros, acábase por queimar tamén persoas.  Debaixo, fotografía desa placa.