viernes, 27 de abril de 2012

PREMIO CERTAME MICRORRELATOS

Xa temos gañadora do concurso de microrrelatos, noraboa a Cristina Salgado de 2ºD !!!!!!!!!!!!!!

Recoñézoo. Son pobre. Vivo nunha aldea coa avoa. O meu único compañeiro é un zurrón de la. Fíxomo a miña nai antes de ir vivir coas estrelas. Cando regrese traerame unha. Prepárome para coñecer e percorrer o mundo. desexo atopar xente que me axude a entender. Por que as estrelas brillan? Por que algunhas persoas teñen os ollos limpos e outros ateigados de algo que descoñezo?
Decidín sair da casa e camiñando cheguei ao pobo veciño, estaba moi cansa. Unha rapaza sentou ao meu carón e pregunteille se sabía algo do mar. Respondeume que estaba formado por auga, pero non sabía onde remataba. Deume unha cuncha da praia e gardeina nunha caixiña reservada para os meus tesouros.
Seguín camiñando e topei unha flor feita de papel e gardeina.
Continuei camiñando e atopando tesouros sen descanso ata comezar a entender.
Hoxe sei por que as estrelas billan: iluminan o que pensamos que non podemos alcanzar. recórdannos que non perdamos a nosa. Eu teño unha boa estrela. Hame levar onda mamá.

Como a decisión foi moi difícil decidimos conceder dous premios máis a María Romero Rodriguez por “O tesosuro de Nemi” e a Mercedes Castro por “O coello branco”.
Estos relatos aparecerán publicados na revista escolar, así coma “Sensación,Percepción….Acción” escrito por Esther Estévez.
  
Xa podedes visitar a exposición con todos os traballos na Biblioteca e as premiadaas poden recoller o seu premio o próximo martes.

martes, 24 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Onte celebramos na biblio o Día do Libro enchendo as paredes con frases relativas á lectura e agasallando ós alumnos con marcapáxinas nas que aparecía un texto de Agustín Fernández Paz. Ademáis rematou o prazo para a presentación de traballos no certame de microrrelatos e dende a biblio estamos impresionados pola cantidade e creatividade de todos eles. En breve o xurado reunirase para escoller ó gañador e faremos unha exposición para que todos os poidades ler. Aquí vos deixamos unhas fotos desta actividade. 


martes, 10 de abril de 2012

O LAZARILLO

O mes de marzo na biblioteca estivo adicado ó Lazarillo. Entre outras actividades tivemos paneis expositivos, representacións nas clases dalgún fragmento da obra a cargo de dos magníficos actores Pedro Taboada (3ºB), Alejandro de Lorenzo (1ºA) e Belén Álvarez (2ºA) e un concurso de crucigramas no que resultou gañadora Cristina Canabal Arias (3ºA).