Recoñézoo.
Son pobre. Vivo nunha aldea coa avoa. O meu único compañeiro é un
zurrón de la. Fíxomo a miña nai antes de ir vivir coas estrelas. Cando
regrese traerame unha. Prepárome para coñecer e percorrer o mundo.
desexo atopar xente que me axude a entender. Por que as estrelas
brillan? Por que algunhas persoas teñen os ollos limpos e outros
ateigados de algo que descoñezo?
Decidín
sair da casa e camiñando cheguei ao pobo veciño, estaba moi cansa. Unha
rapaza sentou ao meu carón e pregunteille se sabía algo do mar.
Respondeume que estaba formado por auga, pero non sabía onde remataba.
Deume unha cuncha da praia e gardeina nunha caixiña reservada para os
meus tesouros.
Seguín camiñando e topei unha flor feita de papel e gardeina.
Continuei camiñando e atopando tesouros sen descanso ata comezar a entender.
Hoxe
sei por que as estrelas billan: iluminan o que pensamos que non podemos
alcanzar. recórdannos que non perdamos a nosa. Eu teño unha boa
estrela. Hame levar onda mamá.
Como a decisión foi moi difícil decidimos conceder dous premios máis a María Romero Rodriguez por “O tesosuro de Nemi” e a Mercedes Castro por “O coello branco”.
Estos relatos aparecerán publicados na revista escolar, así coma “Sensación,Percepción….Acción” escrito por Esther Estévez.
Xa
podedes visitar a exposición con todos os traballos na Biblioteca e as
premiadaas poden recoller o seu premio o próximo martes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario