jueves, 30 de noviembre de 2023

OBRADOIRO EN LINGUA DE SIGNOS

 

O pasado 27 de novembro comezamos na bibliochivite o obradoiro en LSE para alumnado e profesorado , impartido por Irene e Carol , as interpretes de Lingua de Signos . Con  esta actividade pretendemos comunicarnos e acercarnos  aos alumnos e alumnas sordas  do noso instituto.

BookTrailer "22 segundos"

Valeria, de 3º ESO A, realizou este estupendo booktrailer sobre o libro 22 segundos de Eva Mejuto.

miércoles, 25 de octubre de 2023

DIA DA BIBLIOTECA


Cada 24 de Outubro  celébrase en España o día da Biblioteca , creado en 1997 pola Asociación Española de amigos do libro Infantil e Xuvenil  co patrocinio do Ministerio de Cultura , en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo , incendiada en 1992 , durante o conflito Balcánico.

No noso Instituto celebramos ese día cun "scape room" que tivo lugar na biblioteca  no que participou o alumnado de 1º de ESO.

                                       




 

lunes, 12 de junio de 2023

ARRIEIROS SOMOS

 En febreiro o alumnado asistiu á presentación do libro de Rubén Riós "Arrieiros somos" no que fala da importancia do legado dos nosos maiores. Este encontro culminou nunha actividade na que o alumnado fixo entrevistas aos seus avós para que lles contasen anécdotas e historias dos seus tempos.

Aquí tedes algunhas delas: 


viernes, 24 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA 

Un café con poesía




    O día mundial da poesía é unha ocasión para honrar aos poetas , promover a lectura , a escritura e o ensino da poesía. Foi aa UNESCO en París no seu 30º reunión en outubro de 1999, o organismo que decidiu  proclamar o 21 de marzo como o día mundial da poesía.
A Bibliochivite este ano celebrouno  repartindo pequenas tarxetas polas cafeterias de Verín, nas que iban impresos versos de diferentes poetas en lingua galega e en lingua castelá ,que foron postas no plato da taza do café . Esta iniciativa foi recibida con moito entusiasmo por parte de  todos os clientes



viernes, 27 de enero de 2023

CONTACONTOS 





Hoxe 27 de xaneiro a Bibliochivite visitou o Cra de Monterrei , para contarlles un conto ao alumnado de infantil . Tania Guerra, alumna de 4º ESO e colaboradora da nosa biblioteca contoulles o conto "A fábrica das palabras " , no que toda a rapazada participou , sendo eles mesmos os persoaxes deste bonito conto. Para esta actividade contamos cun decorado precioso  que foi realizado polo departamento de plástica do noso instituto . Grazas ás profesoras do Cra Monterrei por recibirnos nas súas aulas ..