miércoles, 27 de junio de 2018

SCAPE ROOM, unha actividade explosiva !!!

Hoxe 4 profesores do IES Xesús Taboada Chivite, de 4 departamentos diferentes, tivemos a sorte e o privilexio de poder participar nunha divertidísima actividade: Scape Room. Foron 44 minutos de tensión e emoción incomparables. Noraboa a Luisa, organizadora, e Raquel, axudante (que son, respectivamente, especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica), por esta actividade chea de potencial educativo e de estímulo pola autosuperación!! Debaixo tedes o vídeo de presentación, así como fotos dalgúns dos elementos que formaron parte desta "xincana" trepidante. Toda unha experiencia que se pode e se debe repetir, tanto por parte de alumnos coma de profesores.










lunes, 11 de junio de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (Xª)


BIBLIOTHECA ALEXANDRINA, EXIPTO


Con esta, pechamos a serie Bibliotecas incribles do mundo.

Non se trata, por suposto, da Gran Biblioteca de Alexandría, fundada no século III a.C., da que non se conservan restos. 

Falamos da Nova Bibliotheca Alexandrina, aberta no ano 2002, na capital de Exipto, Alexandría. Esta biblioteca foi creada en conmemoración da antiga.

A Nova Bibliotheca Alexandrina é en realidade un enorme complexo cultural. É un proxecto multicultural que, na liña da súa antecesora, tenta reunir o vasto coñecemento de todas as culturas do mundo. Por iso, este proxecto recibe a colaboración de moitos países do mundo, con donacións de equipos e de fondos bibliográficos.

O edificio principal da biblioteca ocupa 36.700 m2 e ten forma de sol, simbolizando o sol de Exipto. 

As partes deste centro cultural son:

1) A propia Biblioteca, con millóns de libros. Dividida en dúas seccións: biblioteca xeral e 9 bibliotecas especializadas.
2) Centros de Investigación Académica
3) Centro de Ciencias Planetario, dividido en: Planetario, Museo de Historia da Ciencia e ALEXploratorium.
4) Museos (Antigüidades, Manuscrito, Sadat e Historia da Ciencia)
5) Salas de Exposicións Permanentes (sobre Artes Visuais Contemporáneas, Coleccións persoais e Coleccións do Patrimonio)
6) Centro de Conferencias.
7) Foro para o Diálogo e Estudos Políticos.
8) Culturama, programa de proxección panorámica sobre 9 pantallas interactivas que cubren 180º de visión.
9) VISTA, programa educativo baseado na realidade virtual en 3D.
10) Arquivo de Internet, que posúe gravadas na súa memoria todas as páxinas webs que teñen existido no mundo desde 1996.
11) Librerías, unha na entrada, e outra no Planetario.













WEB OFICIAL
http://www.bibalex.org/en/default


INFO
http://trabalibros.com/librerias/i/5376/93/nueva-biblioteca-de-alejandria-en-egipto-bibliotheca-alexandrina

https://es.wikipedia.org/wiki/Bibliotheca_Alexandrina


IMAXES
Google

PLANO DA BIBLIOTECA PRINCIPAL
http://arqbibliotecas.blogspot.com/2010/11/biblioteca-alejandrina-alejandria.html

lunes, 4 de junio de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (IX)


BIBLIOTECA DE 
SAN LORENZO DEL ESCORIAL

Fundada por Felipe II en 1565 en San Lorenzo del Escorial (Madrid).

O Salón de Frescos (fotos 1ª e 2ª), zona principal da biblioteca, non se reduce a un depósito das coleccións de libros, senón tamén inclúe debuxos e gravados, retratos de personaxes, instrumentos matemáticos e científicos, mapas, esferas, astrolabios, reproducións de fauna e flora, etc.

Entre os seus numerosísimos e variados fondos bibliográficos e non bibliográficos, cabe destacar:

1. Libros manuscritos: en latín (actualmente 1.370), grego (649), hebreo (76), árabe (2.000, e antes do incendio de 1671, uns 4.500), castelán (uns 800) e noutras linguas (italiano, catalán, valenciano, francés, provenzal, galego, portugués; persa, armenio, alemán; turco; nahuátl).

2. Libros impresos: uns 40.000 (dos máis prestixiosos talleres tipográficos de Europa), dos que máis de 600 son incunables (libros impresos desde a invención da imprenta e os comezos do século XVI).

3. Outros fondos: uns 7.000 gravados; uns 20 libros de debuxos; libros musicais e partituras; documentos sobre a construción do mosteiro; uns 300 certificados de autenticidade de reliquias relixiosas; moedas e medallas (2.322 pezas); libros de contas; etc.

1


2


3


4














Web oficial da biblioteca: 
http://rbme.patrimonionacional.es/

Imaxes procedentes de:
1. web oficial da biblioteca 
2. google

Info extraída de:
1. web oficial da biblioteca
2. Wikipedia, s. v. Real Biblioteca del Monasterio de San Lorenzo del Escorial