lunes, 12 de marzo de 2012
Día da Muller - Actuación das alumnas do IES Ribeira do Louro
Hoxe tivemos a inmensa fortuna de contar coa presenza, nalgunhas das nosas aulas, de grandes mulleres da Historia. Viñeron dende Porriño (IES Ribeira do Louro), da man de Virxinia, profe de Filosofía no IES Ribeira do Louro, e Delio, Xefe do Dpto. de Dinamización Lingüística. Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que o talento interpretativo das alumnas-actrices do Ribeira do Louro ó poñer en escena os textos elaborados polos seus profesores, nos permitiu acercarnos a mulleres de grande relevancia na Historia mais en moitos casos descoñecidas para nós... Moitos logros de mulleres sobranceiras teñen permanecido ocultos ó longo dos séculos.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, polo voso traballo, polo voso talento e pola vosa xenerosidade ó vir dende Porriño ata Verín para compartir connosco esta marabillosa actividade. Profesores e alumnos quedamos encantados.
As mulleres que nos acompañaron neste 12 de Marzo de 2012 foron:
Téano: Widad Rizki
Agnodice: Raja Rizki
María a profetisa: Tamara Iglesia Romero
Trótula de Salermo: Karina Holguin Cerón
Hildegarda de Binge: Andrea Glez Barbosa
María Soliña: Noelia Fdez Vila
Artemisa: Aroa Torres Pérez
Olimpia de Gouges: María Prado Díaz
George Eliot: Dayana Álvarez Dominguez
Concepción Arenal: Noelia Lago Ramírez
Alice Guy Blanche: Alba Fdez Loureiro
Federica Montseny: Clara Avendaño Campos
Rosalind Franklin: Alejandra Ledo Diz
María Xosefa Wonenburguer: Yennifer Teixeira Silva
Vandana Shiva: Sara Silva
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario