Todos os anos no mes de novembro a Biblioteca Pública
Municipal de Verín, lembra a figura de D. Xesús Taboada Chivite. Este ano non
podía ser menos, e deleitounos coa voz
de D. Xesús, onde fai alusión a Revista Nós, que cumpre 100 anos do seu
nacemento, na conferencia impartida en 1968.
En breve, dende Bibliochivite, teremos o pracer de entrevistar a unha antiga
alumna, Lorena Carnero, que presentou hai uns meses na biblioteca de Verín o
seu libro: “ D. Xesús Taboada Chivite: dende o seu Fisterre tamagán”, contén conxunto
de separatas que publicou D. Xesús en
multitud de revistas especializadas na etnografía e arqueoloxía.A obra foi completada por Lorena cunha biografía intimista que nos leva a coñecer o escritor dun xeito máis próximo. Esta entrevista será publicada na radio do noso centro, Radiochivite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario