sábado, 28 de diciembre de 2019


PORTAS ENGALANADAS

Dende a biblioteca convocamos o concurso para todos os cursos da ESO "Engalana a túa porta" . Aquí vos deixamos os resultados.


BASI E OS SEUS AMIGOS



   O pasado 22 de novembro visitaron a nosa Biblioteca Julia Rivada e Victor Romero , para facernos a presentación dun precioso conto " Basi e os seus amigos". Este conto foi escrito por Julia Rivada , nai do noso compañeiro David Rodriguez Rivada , profesor de música , as ilustracións correron a cargo de Victor Romero , profesor de plástica , que estivo no noso instituto hai algún anos . Eles dous fixeron unha presentación estupenda do seu traballo e gozamos moito escoitándoos. Esta presentación estivo amenizada musicalmente por os profes David e Isabel , un auténtico luxo contar con eles

domingo, 24 de noviembre de 2019


25 DE NOVEMBRO
DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Con motivo de conmemorar o 25 de novembro , dende a nosa biblioteca quixemos sensibilizar aos nosos alumnos coa actividade "VERDADES NO ESPELLO".Nesta actividade enchemos o noso instituto de mensaxes impactantes, que non deixan indiferente a ninguén

martes, 5 de noviembre de 2019

CONCURSO "DECORA A TÚA PORTA DE NADAL"

Ánimate a participar e engalana a porta da túa clase cos mellores adornos de Nadal .Fai que o teu instituto pareza diferente durante os días previos a esta marabillosa festa.

jueves, 24 de octubre de 2019

Día da Biblioteca





O día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Con este motivo , os alumnos de 1º de ESO do IES Xesús Taboada chivite ,celebraron este día cunha moi interesante actividade , que levaron a cabo coas súas profesoras de galego.
Esta actividade consistiu en que o alumnado divido en grupos tiñan que adiviñar o título de libros que estaban expostos , a partir de  muráis , palabras que facían referencia ao libro e incluso superar probas físicas.Unha vez superadas as probas , chegaban á Caixa do cadeado e alí tiñan que descifrar a combinación para abrirla . O primeiro equipo que logre adiviñar a combinación para abrir a Caixa gaña.

martes, 28 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: 1ª ESCAPE ROOM NA BIBLIO

ESCAPE-ROOM LETRAS GALEGAS 2019

O pasado mércores, 22 de maio, a biblioteca organizou a primeira Escape-Room feita con alumnos no Chivite!!

Coma ven sendo costume, participaron alumnos de 2º ESO. Fíxose un sorteo entre os 5 grupos de 2º, e finalmente, sairon elexidos os seguintes catro, de 2º ESO C:

Daniel Oliveira Feijóo
Antonio Ginzo Miranda
Manuel Romero Jiménez
Juan José Rodicio López

Para quen non saiba o que é unha escape-room (en inglés "Habitación de escape"): é un xogo que cada vez se extende máis pola xeografía galega. Xógase sempre en grupo e consiste en resolver en equipo unha serie de problemas dentro dunha habitación ou máis dunha para acadar o obxectivo do xogo: escapar do lugar de xogo. Pero tamén hai un tempo limitado e o xogo se gaña se o equipo consigue resolver todos os problemas a tempo. En todo momento son vixiados por unha cámara web ou varias, que son monitorizadas desde o exterior.

A nosa escape-room tivo lugar na biblioteca, a 2ª hora do mércores. Daniel, Antonio, Manuel e Juan quedaron pechados na mesma baixo chave e tiveron 40 minutos para superar 5 probas que se lles ían pasando escritas por debaixo da porta: resolver un puzzle on-line, descifrar palabras para completar unha cita dun libro sobre Antonio Fraguas, atopar o libro entre os 10.000 volúmenes da biblioteca, ...

Os alumnos conseguiron superar a tempo as 5 probas, levando cada un un premio dun vale de 10€ !!!

As fotos que podedes ver foron tomadas pola cámara web posta na biblioteca exclusivamente para o xogo: a cada proba superada, tiñan que amosar ante a cámara unha proba de que conseguiron resolver o problema.






En homenaxe a Antonio Fraguas, o autor celebrado nas Letras Galegas 2019.

jueves, 11 de abril de 2019

DIA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

Dentro do marco dunha biblioteca escolar inclusiva, o 8 de abril celebramos o “Día Internacional do pobo xitano”. Os alumnos de Relixión Evanxélica elaboraron unha exposición sobre a súa cultura e o luns, en hora de titoría, explicáronlla aos seus compañeiros de 1º e 2º ESO, falando dos seus orixes, a súa bandeira e himno, os seus costumes como as vodas, o loito ou o culto e a influencia que tiveron na cultura española (pintura, escultura, literatura…) Ademais remataron a exposición con outra característica do pobo xitano, a música, cantando e bailando para os seus compañeiros, resultando unha actividade moi enriquecedora para todos. 

viernes, 5 de abril de 2019

Alumnos leen la Ilíada en griego antiguo

Con motivo de la convocatoria de la Lecture International Publique Iliade 2019 por parte del Festival Européen Latin Grec, en que se convocó a centros educativos de todo el mundo a leer públicamente un canto entero o fragmentos de la Ilíada (la primera obra literaria escrita de Europa que conservamos y una de las obras capitales de la literatura universal), los diecisiete alumnos de griego de primer curso del IES Xesús Taboada Chivite estuvieron leyendo a la entrada del instituto los 192 primeros versos de esta insigne obra, por turnos, durante la primera hora lectiva del viernes 22 del pasado mes de marzo, que coincidió al día siguiente del Día Internacional de la Poesía.

Nos situaron en el mapa oficial del evento:


El vídeo de tal lectura fue enviado por el departamento de Griego al canal oficial del Festival, donde finalmente fue compartido en la playlist del mismo:

ES EL VÍDEO Nº 55 DE LA LISTA:

https://www.youtube.com/playlist?list=PL_s7Vs109jqIhAY_2zW-WqfYRDrqdVbUK


Aquí podéis verlo en el canal personal del profesor de griego:




Citas famosas sobre los libros (I)

La lectura de buenos libros es como conversar con los mejores hombres de siglos pasados 

René Descartes (1596-1650)

Exposición escrituras gregas antigas

Durante a pasada semana 18-22 marzo, na entrada da biblioteca do instituto estiveron expostas as taboiñas de arxila que fixeron os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO CD e os de Grego de 1º Bacharelato B no Obradoiro de escrituras gregas antigas que o Departamento de Grego leva organizando desde o pasado curso.

Tamén participaron xenerosamente dúas profesoras de ciencias: María de Física e Química e Mariña de Matemáticas. Grazas compañeiras! E grazas a Xabier de Galego por interesarse tanto nas escrituras gregas antigas!

Cada taboiña levaba escrito o nome de pila do alumno que a fixo, por unha cara en alfabeto grego, e pola outra, en silabario Lineal B, o sistema de escritura mais antigo usado para escribir en grego.

Xunto as taboíñas e a modo ilustrativo, un vídeo (podédelo ver completo abaixo) explicaba estes sistemas de escritura e o proceso de creación das mesmas polos alumnos nas súas diferentes etapas, ata a última: a cocción no forno da Escola de Artes e Oficios de Verín, pola que os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO, de Grego de 1º Bacharelato e o xefe do Departamento de Grego quedamos moi agradecidos a Tere e ó Sr. Montesinos do Concello de Verín.






viernes, 8 de marzo de 2019

Arte sobre libros




Cando hai ganas de ler en papel


En Leers, pequeno pobo de Francia, están decididos a montar unha libraría de libros impresos, e a alcaldía oferta alquilar de balde durante dous anos o espazo preciso para quen a queira organizar: "El consistorio quiere que la gente vea los libros de cerca, los huela, y pueda decirse si comprar o no de forma presencial, como se hizo en el siglo XX.", din a nova, que podedes ver pinchando no enlace de debaixo.

https://www.lasexta.com/tribus-ocultas/libros/este-pueblo-ofrece-alquiler-gratis-quien-quiera-montar-libreria_201902195c6cede10cf224889343f1b0.html

Iniciativa incrible de reciclaxe de libros en Turquía



Traballadores da basura rescataron libros botados a perder, e con eles montaron unha biblioteca.


https://www.concierto.cl/2018/01/trabajadores-la-basura-crean-biblioteca-libros-desechados/

miércoles, 23 de enero de 2019

Silenciosa purga de libros nas bibliotecas universitarias

Nalgunhas bibliotecas universitarias estase a retirar enormes cantidades de libros. O motivo? Que ninguén os usa. É loxico aplicarlle ós libros criterios económico-prácticos? Os libros xa impresos, prexudican o medio ambente? Reflexionemos sobre o tema lendo este sentido artigo.

https://universoabierto.org/2018/05/07/la-tragedia-de-la-retirada-de-libros-en-bibliotecas-universitarias/

Andrea Cardoso: "Abuelo"

A alumna Andrea Cardoso Augusto escribiu este agarimoso e nostálxico post no seu blog Inconmensurable.

https://andreacardoso25.blogspot.com/2018/11/abuelo.html

miércoles, 16 de enero de 2019

MONUMENTOS ÓS LIBROS - 1

MONUMENTO CONMEMORATIVO DA QUEIMA DE LIBROS POLO NAZISMO
Praza Bebelplatz, Berlín, Alemania.

Na noite do 10 de maio de 1933, nesa praza foron queimados miles de libros censurados polos nazis.

O monumento conmemorativo deste feito consiste nun oco excavado no chan da praza, que aparece na fotografía de debaixo. Está tapado cun cristal, e no seu interior hai estantes baleiros de libros.

















Tamén hai un placa cun texto en alemán escrito un século antes polo autor Heinrich Heine, posto coma premonitorio da queima: Iso só foi un preludio, aí onde se queiman libros, acábase por queimar tamén persoas.  Debaixo, fotografía desa placa.