domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS





UN CABELO DE ANJO
pendurado do ceo,
se non é a espada de Democles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.


martes, 12 de mayo de 2020


RECREAR UNHA PORTADA


Hola a todos/as  : que tal? , traballades moito? , pois non todo vai ser traballar  e estudar , asi que dende a biblioteca queremos propoñervos una actividade un pouco máis lúdica , que  recreedes  a portada dun libro que vos guste , é dicir   facer a vosa composición inspirándovos  en dita portada . Facédeslle  unha  fota  e  envieádela  ao correo da biblioteca : bibliochivite@gmail.com. Animádevos a participar . Aquí vos deixamos  algúns  exemplos