miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 de noviembre

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar e reivindicar o 25N : DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES , dende o Equipo da Biblioteca en colaboración co departamento de orientación fixemos a actividade composta por unha reflexión a través dos vídeos "encuentra el amor verdadero" , do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociales e Igualdade e completamos coa proposta da Campaña andaluza" #yonosoycomplice".

#Eu non son cómplice pretende que as persoas actuemos ante a violencia machista. É unha chamada á sociedade para que entendan que a responsabilidade da solución a esta lacra non está soamente nas vítimas.

Invitamos a todo o alumnado e profesorado a que deixara a súa mensaxe de repulsa e implicación ante as diferentes violencias de xénero escritas en post-it de cores e que as pegaran nun panel no hall de entrada ao instituto, e así xuntar todo o rexeitamento en contra da violencia machista no 25 de novembro





















 

 


viernes, 23 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS


                 DIA DA BIBLIOTECA

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de amigos do libro infantil e Xuvenil

. A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Incluso nas circunstancias que estamos vivindo hoxe en día, coa COVID-19, a biblioteca está ahí , achegádevos , que vos estamos esperando.

Deixamosvos aquí unvídeo gravado por algúns profesores, no que vos recomendan libros, libros que para eles significan moito , e que esperamos que todos vos os teñades en conta , e veñades a Biblioteca a buscalos.

                                                           


viernes, 25 de septiembre de 2020

PROTOCOLO COV-19 NA BIBLIOTECA



Benvidos ao novo curso. Temos moitas ganas de vervos a todos e a todas na biblioteca .Afrontamos o novo curso con moita ilusión, será diferente, pero entre todos encargarémonos de facelo bonito.

Tivemos que adaptarnos a nova situación modificando algunhas cousas : nos recreos haberá un día para cada curso, dentro temos que estar máis separados, temos que hixienizar as mans...pero todo é posible e imolo facer coa mellor sonrisa.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o novo aspecto da nosa biblioteca

 


   



 

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS





UN CABELO DE ANJO
pendurado do ceo,
se non é a espada de Democles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.


martes, 12 de mayo de 2020


RECREAR UNHA PORTADA


Hola a todos/as  : que tal? , traballades moito? , pois non todo vai ser traballar  e estudar , asi que dende a biblioteca queremos propoñervos una actividade un pouco máis lúdica , que  recreedes  a portada dun libro que vos guste , é dicir   facer a vosa composición inspirándovos  en dita portada . Facédeslle  unha  fota  e  envieádela  ao correo da biblioteca : bibliochivite@gmail.com. Animádevos a participar . Aquí vos deixamos  algúns  exemplos



jueves, 23 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Neste 23 de Abril tan atípico,celebramos o día do libro dunha forma nada parecida á que tiñamos pensado. Pero o confinamento non vai ser impedimento para celebralo. Así que un grupo de profes imos recomendarvos algúns libros que a nos nos gustaron . Aquí vos deixo o video que gravamos dende as nosas casas .
                

            

viernes, 27 de marzo de 2020






O 27 de marzo de cada ano celebramos o Día Mundial do Teatro, creado en 1961 por o Instituto Internacional del Teatro (ITI) para conmemorar a importancia deste arte na sociedade.O  ITI
encarga cada ano un manifesto a unha figura relevante da escena de cualquer lugar do mundo. Este texto lese públicamente ese día en todos os teatros. Este ano tíñao escrito o dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem e titulase ‘El teatro como santuario’.



Escribe Shahid: «O teatro ten un papel, un papel noble, debe dinamizar e facer avanzar á humanidade, axudala a levantarse antes de que caiga nun abismo. O teatro pode convertir o escenario nun templo, o espacio de actuación, en algo sagrado».


Este ano, esta celebración  terá en España un significado moi especial debido á actual situación de excepcionalidade que vive o país, que nos fai ter un parón nas nosas e vidas y por o tanto en todas as nosas actividades.

Hoxe teríamos que estar no noso instituto celebrando este día coa actividade " Os clásicos toman as aulas", na que os alumnos/as  María Justo , Samuel Martínez e Marina Gómez representarían un tratado do "Lazarillo de Tormes".

E como non posemos ter ningún tipo de celebración , recordemos soamente as sabias palabras de Federico García Lorca :


«El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana. Y al hacerse humana, habla y grita, llora y se desespera».


miércoles, 11 de marzo de 2020

MULLERES INVENTORAS



 O día 9 de marzo  para celebrar o día internacional da muller , a nosa biblioteca organizou unha actividade para homenaxear algunhas das mulleres inventoras que naceron no século dezanove
Marion O' Brien, de Indiana, que inventou  do cueiro de celulosa.
Josephine Crichane, de Ohio, que inventou o lavalouza.
Leticia Mumford Geer, de Nova York, que inventou a xeringa.
Ángela Ruiz Robles,de Ferrol, que inventou a enciclopedia visual.
Josefina García, de Porto do Son, que inventou o tecido impermeable.
Estas inventoras estiveron representadas por dúas alumnas de 4º ESO e dúas de 1ºBach e recorreron as aulas do noso instituto para amosarlle a todo o alumnado os seus inventos . Tamén visitaron o CEIP Princesa de ESpaña , para explicarlle aos máis pequenos as cousas que elas inventaron , e das que aínda disfrutamos hoxe en día


martes, 10 de marzo de 2020

DIA INTERNACIONAL DA MULLER




Os alumnos de Valores éticos coa súa profesora Conchy Seguín , para conmemorar o 8 de marzo , día internacional da muller , fixeron unhas biografías de mulleres que destacaron na súa vida por ser pioneiras  nalgunha faceta ou por aportar algo importante á sociedade . Como podedes ver nas fotografías ,os folletos que confeccionaron deixáronos na biblioteca encima das mesas , para que todos podamos disfrutar deste traballo.

martes, 18 de febrero de 2020

ROSALIADA


Hoxe celebramos por adiantado o "Día de Rosalia" , para isto dende a biblioteca conectamos cos grupos "Truque Matruque" e "Tarabelos"que nos fixeron un obradoiro artístico pola igualdade.Cantares de Rosalía , contos e poesías , música e arte, todo pola igualdade donde o alumnado de 1º ESO participou. Aquí vos deixamos alguhas fotografías onde podedes ver os muráis realizados e o que disfrutaron tod@s @s alumn@s 






sábado, 8 de febrero de 2020

RADIOCHIVITE

Xa botou andar Radiochivite, un proxecto que comezou este curso da man do profesor de lingua galega  e membro  do grupo da Biblioteca  Xavi Alvarez .
Nesta radio a Biblioteca vai ter un espazo importante con dúas seccións :Infobiblo e Libros vivos
Se queredes escoitar o noso primeiro programa deixovos unha ligazón: