miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 de noviembre

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar e reivindicar o 25N : DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES , dende o Equipo da Biblioteca en colaboración co departamento de orientación fixemos a actividade composta por unha reflexión a través dos vídeos "encuentra el amor verdadero" , do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociales e Igualdade e completamos coa proposta da Campaña andaluza" #yonosoycomplice".

#Eu non son cómplice pretende que as persoas actuemos ante a violencia machista. É unha chamada á sociedade para que entendan que a responsabilidade da solución a esta lacra non está soamente nas vítimas.

Invitamos a todo o alumnado e profesorado a que deixara a súa mensaxe de repulsa e implicación ante as diferentes violencias de xénero escritas en post-it de cores e que as pegaran nun panel no hall de entrada ao instituto, e así xuntar todo o rexeitamento en contra da violencia machista no 25 de novembro





















 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario