lunes, 22 de febrero de 2021

CONCURSO: POEMAR O MAR

 O noso instituto participa no programa "21 días co galego e +" , un programa desenvolvido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística nos centros educativos para potenciar o emprego da lingua galega entre a mocidade.

A biblioteca súmase a este programa e por iso queremos propor este concurso a todos os alumnos e alumnas do centro.

viernes, 19 de febrero de 2021

LSE na Biblioteca

Dentro da semana de "Idiomas na Biblio", reservamos un día para a atención en LSE. Para iso Rubí e a intérprete Laura fixeron un video para que poidamos desenvolvernos na biblioteca usando a lingua de signos e viñeron no recreo a axudarnos. 


viernes, 12 de febrero de 2021

IDIOMAS NA BIBLIO

 Durante esta semana e a volta das vacacións, a atención na Biblioteca será nos distintos idiomas que se imparten no instituto. Levamos facendo esta actividade dende hai uns anos, e sempre ten unha gran acollida entre os alumnos.






jueves, 11 de febrero de 2021

MARGARITA

 En el siguiente vídeo podéis ver el proyecto lector de la alumna Rubí, interpretado en lengua de signos española. Un gran trabajo de la profe de AL Patricia Montesinos, que también forma parte del equipo de la biblio, y con la colaboracion desinteresada de la ilustradora del cuento Maria José Olavarría 

Poema de Rubén Darío por Rubí Suárez from Xesús Taboada chivite on Vimeo.

martes, 9 de febrero de 2021

VIDEOCONFERENCIA: "Cigarróns do Oeste, traxes pistolas e zamarras"




 O equipo da biblioteca procurou que os alumnos de 1º Bacharelato e 3º ESO PMAR , asistiran á videoconferencia : "Cigarróns do Oeste: traxes, zamarras e pistolas" impartida por o ponente Miguel Losada, no ciclo de videoconferencias temáticas , que a biblioteca municipal de Verín propuxo co obxecto de que a actividade cultural se manteña , neste tempo de pandemia

martes, 2 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

Co motivo de celebrar o Dia da Paz , os alumnos de relixión evanxélica ,fixeron unha cadena de favores que gravaron nun video .Asi mesmo o alumnado de 1º ESO A , cantaron a canción "Que canten os nenos " acompañados ó piano por o Profesor de música David Rodriguez. A continuación podedes escoitalos.