viernes, 30 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, con motivo do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, cantaron no Salón de Actos do noso instituto cancións de regaetton, tras cambiar as letras orixinais por outras de protesta. 

Así mesmo, Mónica, alumna de 4º, cantóu unha canción.

Todo isto levouse a cabo grazas á cooperación de David Rodríguez Rivada, profesor de música do instituto. 

Aquí tedes unhas fotos do evento:









sábado, 27 de octubre de 2018

24 OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Queridos seguidores do noso blog: o pasado 24 de outubro foi o Día da Biblioteca.
Para conmemoralo, os nosos alumnos posaron para un mannekin challenge  que podedes ver no seguinte vídeo:


miércoles, 27 de junio de 2018

SCAPE ROOM, unha actividade explosiva !!!

Hoxe 4 profesores do IES Xesús Taboada Chivite, de 4 departamentos diferentes, tivemos a sorte e o privilexio de poder participar nunha divertidísima actividade: Scape Room. Foron 44 minutos de tensión e emoción incomparables. Noraboa a Luisa, organizadora, e Raquel, axudante (que son, respectivamente, especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica), por esta actividade chea de potencial educativo e de estímulo pola autosuperación!! Debaixo tedes o vídeo de presentación, así como fotos dalgúns dos elementos que formaron parte desta "xincana" trepidante. Toda unha experiencia que se pode e se debe repetir, tanto por parte de alumnos coma de profesores.










lunes, 11 de junio de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (Xª)


BIBLIOTHECA ALEXANDRINA, EXIPTO


Con esta, pechamos a serie Bibliotecas incribles do mundo.

Non se trata, por suposto, da Gran Biblioteca de Alexandría, fundada no século III a.C., da que non se conservan restos. 

Falamos da Nova Bibliotheca Alexandrina, aberta no ano 2002, na capital de Exipto, Alexandría. Esta biblioteca foi creada en conmemoración da antiga.

A Nova Bibliotheca Alexandrina é en realidade un enorme complexo cultural. É un proxecto multicultural que, na liña da súa antecesora, tenta reunir o vasto coñecemento de todas as culturas do mundo. Por iso, este proxecto recibe a colaboración de moitos países do mundo, con donacións de equipos e de fondos bibliográficos.

O edificio principal da biblioteca ocupa 36.700 m2 e ten forma de sol, simbolizando o sol de Exipto. 

As partes deste centro cultural son:

1) A propia Biblioteca, con millóns de libros. Dividida en dúas seccións: biblioteca xeral e 9 bibliotecas especializadas.
2) Centros de Investigación Académica
3) Centro de Ciencias Planetario, dividido en: Planetario, Museo de Historia da Ciencia e ALEXploratorium.
4) Museos (Antigüidades, Manuscrito, Sadat e Historia da Ciencia)
5) Salas de Exposicións Permanentes (sobre Artes Visuais Contemporáneas, Coleccións persoais e Coleccións do Patrimonio)
6) Centro de Conferencias.
7) Foro para o Diálogo e Estudos Políticos.
8) Culturama, programa de proxección panorámica sobre 9 pantallas interactivas que cubren 180º de visión.
9) VISTA, programa educativo baseado na realidade virtual en 3D.
10) Arquivo de Internet, que posúe gravadas na súa memoria todas as páxinas webs que teñen existido no mundo desde 1996.
11) Librerías, unha na entrada, e outra no Planetario.













WEB OFICIAL
http://www.bibalex.org/en/default


INFO
http://trabalibros.com/librerias/i/5376/93/nueva-biblioteca-de-alejandria-en-egipto-bibliotheca-alexandrina

https://es.wikipedia.org/wiki/Bibliotheca_Alexandrina


IMAXES
Google

PLANO DA BIBLIOTECA PRINCIPAL
http://arqbibliotecas.blogspot.com/2010/11/biblioteca-alejandrina-alejandria.html

lunes, 4 de junio de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (IX)


BIBLIOTECA DE 
SAN LORENZO DEL ESCORIAL

Fundada por Felipe II en 1565 en San Lorenzo del Escorial (Madrid).

O Salón de Frescos (fotos 1ª e 2ª), zona principal da biblioteca, non se reduce a un depósito das coleccións de libros, senón tamén inclúe debuxos e gravados, retratos de personaxes, instrumentos matemáticos e científicos, mapas, esferas, astrolabios, reproducións de fauna e flora, etc.

Entre os seus numerosísimos e variados fondos bibliográficos e non bibliográficos, cabe destacar:

1. Libros manuscritos: en latín (actualmente 1.370), grego (649), hebreo (76), árabe (2.000, e antes do incendio de 1671, uns 4.500), castelán (uns 800) e noutras linguas (italiano, catalán, valenciano, francés, provenzal, galego, portugués; persa, armenio, alemán; turco; nahuátl).

2. Libros impresos: uns 40.000 (dos máis prestixiosos talleres tipográficos de Europa), dos que máis de 600 son incunables (libros impresos desde a invención da imprenta e os comezos do século XVI).

3. Outros fondos: uns 7.000 gravados; uns 20 libros de debuxos; libros musicais e partituras; documentos sobre a construción do mosteiro; uns 300 certificados de autenticidade de reliquias relixiosas; moedas e medallas (2.322 pezas); libros de contas; etc.

1


2


3


4














Web oficial da biblioteca: 
http://rbme.patrimonionacional.es/

Imaxes procedentes de:
1. web oficial da biblioteca 
2. google

Info extraída de:
1. web oficial da biblioteca
2. Wikipedia, s. v. Real Biblioteca del Monasterio de San Lorenzo del Escorial

viernes, 25 de mayo de 2018

Proxecto PDI O Principiño

Aquí tedes un vídeo curto con frases desta marabillosa obra, interpretadas pola nosa intérprete de signos, Estela. A gravación de vídeo a fixo a súa alumna.
Ademáis, no vídeo veredes algunhas ensinanzas sobre a vida, que nos ofrece esta marabillosa obra.



lunes, 14 de mayo de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (VIII)

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE 
STUTTGART, ALEMANIA



A particular calidade da Biblioteca Municipal de Stuttgart (Stadtbibliothek Stuttgart), en Alemania, baséase na combinación da biblioteca municipal da Praza de Milán coa biblioteca central infantil, a biblioteca musical e a Grafoteca, a rede de 17 bibliotecas de barrio, a biblioteca móbil cos seus 2 buses-biblioteca e as bibliotecas hospitalarias.

Nas instalacións da Biblioteca Municipal de Stuttgart hai máis de un 1 millón de libros e medios dispoñibles. O amplo programa de actividades e exposicións inclúe un foro de literatura, arte e música da cidade e da rexión.

A oferta complétase cos medios electrónicos de On-préstamo, os cursos do portal de aprendizxe on-line, os podcasts de eventos e a selecta oferta online dos seus empregados.


O edificio foi deseñado por Eun Young Yi (Colonia, Alemania). É un cubo de 44 x 44 metros de base e 40 metros de altura.

Contén aproximadamente 1,37 millóns de libros, ademáis de albergar mapas, películas, música, etc. en diferentes soportes e formatos.  Conta con material de referencia en máis de 100 idiomas, literatura en 25 linguas, cobertura ampla en periódicos e publicacións seriadas de todo o mundo. Co carné da biblioteca pódese acceder a e-books e audiolibros.








Nome oficial da biblioteca:  Stadtbibliothek Stuttgart


INFO

GRAZAS A Xabier Fernández González POLA SÚA TRADUCIÓN DO TEXTO ALEMÁN DA PÁXINA WEB DA BIBLIOTECA. PINCHANDO NO LINK VERDE PÓDESE VER O SEU PERFIL DE LINKEDIN.



miércoles, 9 de mayo de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (VII)

ARQUIVO MUNDIAL DO ÁRTICO
Longyearbyen, Illas Svalbard, Noruega




A idea -recopilar todo o saber da Humanidade, ou alomenos o esencial- e preservalo para que non se perda non é nova.  Foi a intención dos enciclopedistas do século XVIII e era o obxectivo da mítica Biblioteca de Alexandría.  Pero nin os emperrucados filósofos da Ilustración nin os esforzados copistas ós que Ptolomeo I encargou salvagardar o saber helenístico, contaron coa tecnoloxía e as posibilidades do chamado Arquivo Mundial do Ártico, un refuxio inexpugnable nunha illa noruega onde xa descansan, entre outros datos, unha copia do Grito de Edward Munch e algúns dos goles conseguidos na súa carreira por Pelé.

A idea de crear un lugar seguro que funcionara coma un xigantesco disco duro onde gardar datos importantes, xurdiu coma imitación do Banco Mundial de Semillas situado no archipiélago de Svalbard, un espazo que almacena, nunha antiga mina, uns 500 millóns de semillas para preservar a biodiversidade do planetaa en caso de desastre.  Situado no mesmo lugar, o Arquivo do Ártico está preparado para resistir catástrofes naturais, conflitos armados e ciberataques, posto que a información almacenada non se atopa na rede.  Os documentos gárdanse nun formato de película desenvolto pola compañía noruega Piql que pode resistir máis de 500 anos sen corromperse.

O arquivo inaugurouse oficialmente en marzo de 2017.



WEB OFICIAL DO ARQUIVO DO ÁRTICO (EN 10 IDIOMAS, INCLUIDO O CASTELÁN):
https://www.piql.com/es/archivo-mundial-del-artico-2/


INFO
https://elfuturoesapasionante.elpais.com/archivo-mundial-del-artico-el-saber-de-la-humanidad-conservado-a-cinco-grados-bajo-cero/

https://www.livescience.com/58497-second-doomsday-vault-opens-for-data.html?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed%3A+Livesciencecom+%28LiveScie

jueves, 26 de abril de 2018

OS PROFES LEN

O 23 de Abril celebramos o día do libro coa actividade "os profes len", na que cada profe escolleu unha foto súa lendo no seu recuncho favorito.



lunes, 16 de abril de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (VI)

Biblioteca Beinecke (EEUU)
de Libros Raros & Manuscritos 


A biblioteca Beinecke  é unha das bibliotecas máis grandes do mundo adicadas exclusivamente a libros raros e manuscritos. Ademáis é o depósito principal de Yale de arquivos literarios, manuscritos xoves, e libros raros. 














Esta biblioteca actualmente posúe, entre os variados documentos dos seus extensos fondos, o famoso Manuscrito Voynich (escrito nunha lingua e/ou escritura descoñecida, sen que se considere oficialmente descifrado), coa signatura "MS408", e un exemplar da primeira biblia de Gutenberg (primer libro impreso en una imprenta de tipos móviles).

Imaxe do manuscrito Voynich:













Web da biblioteca:  http://beinecke.library.yale.edu/

Info sobre a biblioteca: enlace anterior
                                     Wikipedia, artigo Biblioteca Beinecke de libros raros y manuscritos

Imaxes:  Google

miércoles, 28 de marzo de 2018

I Concurso de Relato Breve (patrocinado pola ANPA)

Os alumnos premiados foron:
  1. Sofía Pérez Churión – 2º BACH B: “Recorda miña nena”
  2. Esther Santiago Casares -  2º BACH B:  “Un intre”
  3. Beltrán Dobarrio Requejo – 4º ESO A.  “Samaín”

A cuantía dos premios foi: 
70€ gañador
50€ 2º premio 
30€ o 3º premio. 

O xurado fallou o premio no mes de decembro e a entrega de premios foi o martes 20 de febreiro no Salón de Actos.

Velaí os 3 relatos premiados:

Relato de Sofía Pérez Churión. 2º Bach B
"RECORDA MIÑA NENA"

Recorda miña querida neta que isto que che vou a contar é unha historia que trata sobre a decadencia da humanidade. De como fóramos masacrados e destruídos, reducidos a menos da metade, relegados a menos da metade, relegados ao seu servizoe por último liberados casi ao completo, xusto e cando se nos contaba por centenares.

Nunca olvides miña querida neta que somos máis que a vella gloria que se recorda, aínda conservamos a nosa historia e os nosos recordos, e aínda que che pareza pouco pola cara que estás poñendo é algo tan tan grande como a edade das estrelas, porque nacimos dos ósos da terra, bañados en auga e iluminados polo sol cada mañá.

Agora ben, todo comenzou fai máis de douscentos anos. Eles saíron da terra e do océano.

Imaxínaste esa escena? Uns seres similares a nós e á vez tan distintos que despertaron dun largo letargo para despois saír das entrañas do mundo e destruírnos casi ao completo, por culpa do dano que lle facíamos ao noso propio planeta, ao noso único fogar.

E sin que nos désemos conta o noso propio egoísmo e avaricia volvéronse na nosa contra, asestándonos un golpe fatal que casi termina coa nosa mera existencia.

É por iso, miña querida nena, que quero recordarche, sempre que sexa preciso, que non somos os únicos habitantes diste planeta. Que todo o dano que provoquemos seranos devolto, tal vez multiplicado, e creo eu que xa hemos pagado suficiente e por bastante tempo todo o dano que provocamos.

Somos humanos Phoebe, aínda que durante moitos séculos nos comportamos coma deuses, olvidando a nosa mortalidade. Non somos eternos miña pequena, temos límites, fallamos incluso, e nos deixamos levar polos nosos sentimentos.

Pero con todo isto, con toda ista historia, espero e desexo que xamáis caiga no olvido que o único que nos condicinará aos seres humanos é e será por sempre: a natureza .Porque de ela dependemos e por ela vivimos.

Agora descansa miña pequena, que a avoa vindrá a entregarche o regalo das estrelas.


_______________________________________

Relato de Esther Santiago Casares. 2º Bach B
"UN INTRE"

Meu avó non me miraba. Meu avó retábame coa mirada. Os seus ollos susurrábanme adeus, malia que o meu corazón dicíame ven. Ven meniña ven.

Xa pasaron sesenta anos, e apenas podo distinguilo, sentado nesa cadeira mirando pola fiestra, arrebatándome todo aquelo que nunca pensei que me arrebatarían. Un horizonte desconcertado e nefasto, erguíase sobre min, coma se fose cousa doutro mundo, daquel mundo do que ninguén quere falar.

A escuridade estaba alí. E está aquí aínda agora, cando penso no que non debería estar pensando. A escuridade, a negra sombra que asombraba a Rosalía.

Levabase con ela todo aquelo que me ataba a ser alguén. Íase. E eu íame con ela.

Se quedaba un anaco de esperanza naquel intre, ficou morto ao atoparse ca miña expresión.

E meu avó, mentres tanto, seguía sentado.

Mirando, espectando. Podía ver como as súas pupilas se dilataban, a pesar de que o seu corpo trataba de reprimir as emocións. E cada vez que parpadeaba, cada vez que o facía, vía como os meus soños, aqueles que tanto me quitaron o sono e non precisamente que mo deron se esquecían e me abandoaban.

Íanse co vento.

E é que certamente todos soñan con esa vida utópica, esa onde lonxe de ser un reto, o futuro está preto sempre das nosas mans.

Corre, corre máis forte. Algún día, non moi lexos chegarás. Todos soñan con ser dignos, e poucos son aqueles que coma meu avó, o conseguen.

E aí segue, e aí seguirá. Atento ás fotos, esas que tanto quixo e que durante tantos días quitou o pó.

Ogallá que non fose tan teimudo.

Semella que imaxina a súa historia en forma de flashback, e nela introduce cousas que tal vez non ocorresen, pero que no fondo do seu corazón, lle gustaría que houbesen ocorrido. Cando naceu miña nai, cando nacín eu, cando fitou coa mirada a avoa por primeira vez, cando casou, cando estoupou a Guerra Civil, cando seu pai o botou de casa, cando tivo que vivir nun garaxe cheo de porcos durante un mes. E ao saír daquel garaxe, e voltar a casa, só se lle ocorreu dicir a seu pai que con peores animais lle tocaba tratar.

Meu avó era demasiado peculiar, quizais ese era o seu único erro.

Ou erro, ou virtude. Nunca saberei cal das dúas.

Hoxe choveu, e como dicía sempre el, nunca choveu que non escampara. Sen embargo, leva horas e horas caendo auga do ceo. Parece que Deus chora, que algo vai mal.

O mundo non é o que era, e menos agora. Xa non quedan sitios onde perder a vista, sitios onde deixarse levar polo vento, pode ser un pasatempos.

O aire puro que antes entraba polo meu nariz, agora sinto que está contaminado por unha sociedade enferma e tóxica, que non só morre de cancro, senón que se mata a sí mesma.

Xa morreron todos aqueles lugares onde podías deitarte no chan, pechar os ollos, e apagar por uns minutos os teus sentidos, para deixarte levar polo corazón da Terra.

A miña terra, a miña terriña. Se meu avó estivese, choraría o que non chorou o ceo ata hoxe. Choraría todo aquelo que fixo falta que choraran tantos que riron. Choraría todo o que non choraron os ríos ata outubro.

Pero meu avó xa non está. E a este espacio en branco, só me queda cubrilo con tinta. E a este corazón vacío só me queda alimentalo con palabras. Con recordos. Con miradas.

E aí segue, e aí seguirá. Fitándome. Cada noite que ven, cada día que se vai. Cada hora, cada minuto, cada segundo. Nunca desaparecerá.

Só me deu tempo a berrar con tódalas miñas forzas.

-Avó, por que?

Inspirou, e con toda firmeza:

- Se a miña casa se queima, eu fareino con ela.

E aí seguirán as súas palabras, levadas polo vento, ao olvido.


E só en min seguirán. E só en min morrerán.

_______________________________________

Relato de Beltrán Dobarrio Requejo. 4º ESO A
"SAMAÍN"


Chámome Sam Preston, e escribo a miña historia para que soubesen o que en realidade nos aconteceu ós meus amigos, e a min.

Todo empezou o día de Samaín. Fran e mais eu atopamos na biblioteca un libro de espiritismo, polo que decidimos preparar unha noite de terror. O lugar elixido unha casa propiedade dos pais de Sara, a noiva de Fran. Atopábase nun bosque preto dun pequeno lago. Ás sete da tarde xuntámonos na miña casa; estaba Sara e Fran, meu curman John, Tim e o seu irmán maior Ronny, Mery e mais eu.Repartímonos en dous coches e dirixímonos á casa, pero no medio do camiño fixemos unha paradiña para mercar algunhas bebidas e bocadillos.

Chegamos ás dez da noite. A lúa brillaba no ceo e reflectíase nas negras augas do lago. Era a noite perfecta para unha sesión de espiritismo.

Entramos na casa, comemos e bebemos mentres falabamos das clases.

Preto das doce empezamos a sesión. Sentámonos ó redor dunha mesa e prendemos uns cirios. Fran comezou a ler o libro, pero non sucedía nada. Ninguén falaba. De súpeto Ronny comezou a mover a mesa e rifámoslle. Entón... unha corrente de aire percorreu ao cuarto apagando os cirios. Mery gritou, e cando prendemos de novo os cirios Ronny estaba no chan. Non se movía. Acerqueime, tomeille o pulso, pero non tiña. Quixen escoitar o seu corazón, pero non latexaba. Mirei os outros e díxenlles que estaba morto.

Todos choraban. "Temos que marchar", dixo Tim, pero nese mesmo momento, Ronny incorporouse e dixo: "Xa estou aquí.... Idea morrer todos", e despois o sei corpo caeu no pavimento coma un saco de patacas.

Corremos á porta, pero estaba pechada e s fiestras tamén. Dirixímonos á cociña, xa que alí había outra porta, pero tamén estaba pechada. Xirámonos. Mery e Tim estaban na porta da cociña. Tras eles unha sombra que os envolveu e levounos polo corredor. Fomos tras eles mentres escoitabamos os seus berros, pero non os puidemos axudar.

Tan só quedabamos catro de sete. Volvemos ó salón. O libro permanecía alí, sobre a mesa. Collino e na última páxina líase: "Cada ano en Samaín levareime a vida de quen me posúa"
De novo vimos a sombra, esta vez detrás de Jonh. Agarrouno dun pé e tirou del. Fran colleuno da man e eu a Fran. Tirabamos con forza, pero de nada servíu; aquela cousa levou a Tim. Xa case amencía. Pensamos en destruír o libro,tal vez así aquela sombra nos deixaría. Collemos un cirio e prendémoslle fogo, e cando ardeu as portas abríronse, corremos e saímos da casa. Ó fin estabamos a salvo. Observamos como a casa se queimaba, e de súpeto aquel espectro saíu da vivenda, collendo a Sara e Fran, levándoos dentro. Entón escoitei: "Vou a por ti". Corrín ata o coche, monteime e arranquei.
Pensei que xa estaba a salvo, pero cando mirei o asento do acompañante o libro estaba alí. Ó lonxe escoitaba: "Non podes escapar, atopareite o próximo Samaín".


Desde entón deambulo dun sitio a outro, esperando que chegue Samaín, e a sombra veña a por min.


miércoles, 21 de marzo de 2018

Hoxe é o Día da Poesía !!!

... e aquí temos ós nosos alumnos celebrándoo con dúas versións de Negra Sombra!!

  Lembrade deixar algún comentario 😉!!!

SARAY, ALUMNA DE MÚSICA 4º ESO

ALUMNOS DE MÚSICA 4º ESO

Bibliotecas incribles do mundo (V)










BIBLIOTECA DO MOSTEIRO DE SAN FLORIAN 
(SANKT FLORIAN)


A biblioteca do mosteiro é das máis antigas e impresionantes de Austria.

Posúe un total de 150.000 volúmenes, dos que 108.000 se remontan a antes do 1900. Destes volúmenes,

952 son incunables
35.443 pertencen ós séculos XVI ata o XVIII
23.493 son do s. XIX

Pero o seu tesouro, son os 800 manuscritos medievais.

A súa sala principal, do barroco tardío, impresiona polas súas poderosas estanterías.  O fresco colorido do teito é de 1747, e amosa a unión entre a virtude e a ciencia, baixo a protección da relixión.

Tamén comprende obras de cartografía, do s. XVI ó XX, que tratan ademáis de xenealoxía, heráldica e historia bélica.

Outra posesión de interese desta biblioteca son os seus 253 exlibris, gravados en folla.

No 1930, a biblioteca mercou o legado literario de Rudolf Geyer (1861-1929), un orientalista vienés.  Todavía 20 anos despóis, esta colección considerabase a máis rica de literatura árabe, existente entre Berlín e Roma.













Outras zonas do mosteiro:













INFO E FOTOGRAFÍAS:
http://www.stift-st-florian.at/en/monastery-st-florian/monastery-library.html
(web da Biblioteca do Mosteiro de S. Florian)



lunes, 12 de marzo de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (IV)

Nesta biblioteca pódeste QUEDAR A DURMIR, xa que é unha biblioteca residencial. 

Falamos da Biblioteca Gladstone's (Gladstone's Library), en Flintshire, Gran Bretaña.

Pódese pasar un rato nun dos seus 26 dormitorios-tenda, perderse na súa colección de 150.000 libros e edicións, esparrarse nas súas luxosas cadeiras de brazos, e escaparse alí, para unha lectura nocturna.  

A biblioteca abriu en 1906 para os hóspedes que estivesen aloxados. Contén exemplares que se remontan ó nacemento da imprenta, no s. XV. Algunhas visitas destacables foron as de Nick Clegg, Loyd Grossmann, e mesma Raíña  Elizabeth II.





Fonte da información: vídeo de Facebook.
Páxina oficial da Biblioteca de Gladstone's: https://www.gladstoneslibrary.org/


miércoles, 7 de marzo de 2018

O impacto dun libro



 O artista mexicano Jorge Méndez Blake  creou en 2007 a obra que podes ver nas fotos abaixo. Instalouse esta obra na Bibliteca José Cornejo Franco en Guadalajara e nos anos seguintes en museos e galerías da Ciudad de México, París, Venecia, Aspen (EE.UU.) e Estambul, onde se exhibiu por última vez en 2013.  
Nas redes sociais, varias fotos da súa obra fixéronse virais e adoptaron o nome "El impacto de un libro", por razóns obvias.  
Que significado ten para ti esa obra? Déixanos o teu comentario abaixo! 









lunes, 5 de marzo de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (III)

Biblioteca do Palacio de Mafra, Portugal.

Ubicada no Palacio de Mafra, a 30 kms. de Lisboa, é considerada unha das bibliotecas máis fermosas do mundo.

É de estilo rococó, construida por Manuel Caetano de Sousa. Contén máis de 36.000 volúmenes encadernados en coiro, entre os que destacan tesouros bibliográficos, entre os que destacan varios incunables.

Pero se algo se pode salientar, é que a bibioteca alberga morcegos que protexen os libros dos insectos chamados lepismas, que roen o coiro e o papel.




Interior da biblioteca.

Palacio de Mafra.


Fuentes de información:  
https://en.wikipedia.org/wiki/Palace_of_Mafra#Library
http://blog.ubicala.co/10-bibliotecas-mas-increibles-del-mundo/

Fotos: Wikipedia en castelán e en inglés.




lunes, 26 de febrero de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (II)

Biblioteca Clementina de Praga (Klementinum)

Aberta desde 1722 en Praga, posúe máis de 20.000 libros, a maoiría dos cales son literatura teolóxica extranxeira. Desde 1990 é a Biblioteca Nacional.

O seu nome (Klementinum en checo) débese a que a súa capilla foi dedicada a San Clemente. A capilla foi construida no século XI, pola orde dos xesuítas.

O seu estilo arquitectónico é barroco.

Cabe destacar os frescos magníficos no seu teito, feitos por Jan Hiebl; así como a súa a notable colección de globos terrestres e reloxes astronómicos.

É considerada unha das bibliotecas máis fermosas do mundo.


















Imaxe:  https://viajar.elperiodico.com






































Imaxe: http://culturainquieta.com



Fontes de información:

https://hdnh.es/biblioteca-clementinum-2/

https://viajar.elperiodico.com/destinos/biblioteca-clementina-bonita-praga

http://culturainquieta.com/es/lifestyle/item/7943-la-mas-bella-biblioteca-del-mundo-podria-estar-en-praga-republica-checa.html




martes, 20 de febrero de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (Ι)

Comezamos a serie sobre Bibliotecas incribles do Mundo coa Biblioteca Tianjin Binhai, en China, aberta ó público desde outubro do ano pasado.

É unha biblioteca pública de arquitectura futurista. Conta con 200.000 exemplares impresos e pretende chegar a 1.200.000.  O ritmo de crecemento dos fondos impresos espérase que sexa lento debido ó uso cada vez máis fercuente de tablets e móbiles para a lectura.

Desde a súa apertura, e no prazo dun mes, multiplicou por 4 os préstamos de libros.

Aquí tes o plano:

Xusto no medio do seu interior, atópase unha esfera enorme, que é o auditorio, que, visto desde fora, semella o iris do ollo.

O conxunto foi deseñado polo gabinete holandés MVRDV.








Fonte de información: periódico EL PAÍS.
Fontes das imaxes: 
EL PAÍS
disup.com 
ok diario
plataformaarquitectura.cl
metalocus.es