lunes, 11 de junio de 2018

Bibliotecas incribles do mundo (Xª)


BIBLIOTHECA ALEXANDRINA, EXIPTO


Con esta, pechamos a serie Bibliotecas incribles do mundo.

Non se trata, por suposto, da Gran Biblioteca de Alexandría, fundada no século III a.C., da que non se conservan restos. 

Falamos da Nova Bibliotheca Alexandrina, aberta no ano 2002, na capital de Exipto, Alexandría. Esta biblioteca foi creada en conmemoración da antiga.

A Nova Bibliotheca Alexandrina é en realidade un enorme complexo cultural. É un proxecto multicultural que, na liña da súa antecesora, tenta reunir o vasto coñecemento de todas as culturas do mundo. Por iso, este proxecto recibe a colaboración de moitos países do mundo, con donacións de equipos e de fondos bibliográficos.

O edificio principal da biblioteca ocupa 36.700 m2 e ten forma de sol, simbolizando o sol de Exipto. 

As partes deste centro cultural son:

1) A propia Biblioteca, con millóns de libros. Dividida en dúas seccións: biblioteca xeral e 9 bibliotecas especializadas.
2) Centros de Investigación Académica
3) Centro de Ciencias Planetario, dividido en: Planetario, Museo de Historia da Ciencia e ALEXploratorium.
4) Museos (Antigüidades, Manuscrito, Sadat e Historia da Ciencia)
5) Salas de Exposicións Permanentes (sobre Artes Visuais Contemporáneas, Coleccións persoais e Coleccións do Patrimonio)
6) Centro de Conferencias.
7) Foro para o Diálogo e Estudos Políticos.
8) Culturama, programa de proxección panorámica sobre 9 pantallas interactivas que cubren 180º de visión.
9) VISTA, programa educativo baseado na realidade virtual en 3D.
10) Arquivo de Internet, que posúe gravadas na súa memoria todas as páxinas webs que teñen existido no mundo desde 1996.
11) Librerías, unha na entrada, e outra no Planetario.













WEB OFICIAL
http://www.bibalex.org/en/default


INFO
http://trabalibros.com/librerias/i/5376/93/nueva-biblioteca-de-alejandria-en-egipto-bibliotheca-alexandrina

https://es.wikipedia.org/wiki/Bibliotheca_Alexandrina


IMAXES
Google

PLANO DA BIBLIOTECA PRINCIPAL
http://arqbibliotecas.blogspot.com/2010/11/biblioteca-alejandrina-alejandria.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario