lunes, 14 de octubre de 2013

CONCURSO DE RELATOS

Futuros escritores animádevos a participar!
Tedes as bases do concurso no panel da Biblioteca e nos corredoiros do instituto.
Ó rematar o prazo de presentación faremos unha exposición dos vosos relatos na Biblioteca.
20131014182618-cartel-a3-ciencia-que-conta-2013-copia.jpg

Semana de literatura de tradición oral

Na segunda semana de novembro celebraremos na Biblioteca a "semana da literatura de tradición oral". Para iso pedímosvos que gravedes ós vosos avós, pais, veciños... contando un conto, un refrán, unha anécdota, cantando unha canción... e que o enviedes ó correo: bibliochivite@gmail.com
Proxectaremos tódalas gravacións nos recreos desa semana e tamén ás subiremos ao blog



blogue.20131014184243-abuelo-contando-cuento.jpg

domingo, 13 de octubre de 2013

Comezamos!






O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.