viernes, 3 de diciembre de 2010

PREMIO CERVANTES 2010

A escritora barcelonesa Ana María Matute resultou galardoada este ano co premio Miguel de Cervantes (chamado o Nobel das letras hispánicas) o máximo recoñecemento aos escritores españois e latinoamericanos cuxa obra contribuíse a enriquecer o patrimonio da literatura española.
 Electa como membro de número da Real Academia Española en 1996, tomou posesión da cadeira de brazos K o día 18 de xaneiro de 1998. Esta novelista española nacida en Barcelona o 26 de xullo de 1926.
A súa primeira obra publicada foi Los Abel (1948), pero non se deu a coñecer ata a publicación de Los fillos mortos (1958), novela coa que gañou o premio da Crítica e o Nacional de Literatura. Os Mercadores é unha triloxía que comprende: Primeira memoria, obra coa que gañou o Premio Nadal de 1959; Os soldados choran de noite (1964), premio Fastenrath, e La trampa (1969). O título da triloxía alude a todos os que se aproveitan das miserias alleas. 
Outras obras súas son: A torre vixía (1971); O río (1973); Festa ao noroeste (1953) e Vagalumes, que volveu reescribir co título de Nesta terra (1955). Escribiu contos dirixidos aos nenos e, de forma especial, ao seu fillo: Os nenos parvos (1956); Os contos vagabundos (1956); O tempo (1957); Tres contos e un sono (1961); Historias da Artámila (1961); Libro dos xogos para os nenos dos outros, e El polisón de Ulises (1965). Tras un longo período sen publicar, en 1996 editou Olvidado rei Gudú, novela refundida a partir doutra que escribira había vinte e cinco anos e que se converteu nun importante éxito de vendas. 


aaaaaaa

jueves, 14 de octubre de 2010

CAMPAÑA DE LECTURA INVERNO

Velaiquí tendes a primeira campaña de lectura na que vos recomendamos os seguintes libros: "La ladrona de libros", "Tanguy" e " Robinson Crusoe", así que aproveitade o Nadal para gozar con estas lecturas.

jueves, 24 de junio de 2010

LETTERAE

O que tedes enriba é a revista da Biblioteca Escolar do IES Xesús Taboada Chivite, Letterae, na súa segunda edición. Esperamos que gocedes cos textos narrativos, poemas, información sobre as actividades promovidas polo equipo da Biblioteca...


Letterae 2010

miércoles, 10 de febrero de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Unha actividade que estamos a facer por segundo ano consecutivo desde o equipo da biblioteca é a que chamamos mochilas viaxeiras. Dispomos de 5 mochilas cargadas de libros, revistas, banda deseñada, películas.... para que alumnos, polo momento de 1º e 2º de ESO, leven ás súas casas de xeito que toda a familia poida gozar das lecturas e dos videos incluidos en cada mochila. Inclúese tamén unha axenda na que pequenos e grandes poden anotar as súas impresións. 


De

viernes, 5 de febrero de 2010

CAMPAÑA DE LECTURA DE INVERNO

Nun artigo anterior falabamos da primeira campaña de lectura lanzada este curso desde a Biblioteca. As obras que demos a coñecer entre os alumnos foron Resistencia e Cartas de Inverno. As obras elixidas para esta segunda campaña son O Club da Calceta, Persépolis e Perdona si te llamo amor.