martes, 28 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: 1ª ESCAPE ROOM NA BIBLIO

ESCAPE-ROOM LETRAS GALEGAS 2019

O pasado mércores, 22 de maio, a biblioteca organizou a primeira Escape-Room feita con alumnos no Chivite!!

Coma ven sendo costume, participaron alumnos de 2º ESO. Fíxose un sorteo entre os 5 grupos de 2º, e finalmente, sairon elexidos os seguintes catro, de 2º ESO C:

Daniel Oliveira Feijóo
Antonio Ginzo Miranda
Manuel Romero Jiménez
Juan José Rodicio López

Para quen non saiba o que é unha escape-room (en inglés "Habitación de escape"): é un xogo que cada vez se extende máis pola xeografía galega. Xógase sempre en grupo e consiste en resolver en equipo unha serie de problemas dentro dunha habitación ou máis dunha para acadar o obxectivo do xogo: escapar do lugar de xogo. Pero tamén hai un tempo limitado e o xogo se gaña se o equipo consigue resolver todos os problemas a tempo. En todo momento son vixiados por unha cámara web ou varias, que son monitorizadas desde o exterior.

A nosa escape-room tivo lugar na biblioteca, a 2ª hora do mércores. Daniel, Antonio, Manuel e Juan quedaron pechados na mesma baixo chave e tiveron 40 minutos para superar 5 probas que se lles ían pasando escritas por debaixo da porta: resolver un puzzle on-line, descifrar palabras para completar unha cita dun libro sobre Antonio Fraguas, atopar o libro entre os 10.000 volúmenes da biblioteca, ...

Os alumnos conseguiron superar a tempo as 5 probas, levando cada un un premio dun vale de 10€ !!!

As fotos que podedes ver foron tomadas pola cámara web posta na biblioteca exclusivamente para o xogo: a cada proba superada, tiñan que amosar ante a cámara unha proba de que conseguiron resolver o problema.






En homenaxe a Antonio Fraguas, o autor celebrado nas Letras Galegas 2019.

1 comentario:

  1. Para sus estanterías:
    https://www.amazon.es/dp/1718083378?ref_=pe_3052080_397514860
    portada novela.jpg

    Muchas gracias por la visita y la adquisición de mi novela.

    ResponderEliminar