jueves, 11 de abril de 2019

DIA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

Dentro do marco dunha biblioteca escolar inclusiva, o 8 de abril celebramos o “Día Internacional do pobo xitano”. Os alumnos de Relixión Evanxélica elaboraron unha exposición sobre a súa cultura e o luns, en hora de titoría, explicáronlla aos seus compañeiros de 1º e 2º ESO, falando dos seus orixes, a súa bandeira e himno, os seus costumes como as vodas, o loito ou o culto e a influencia que tiveron na cultura española (pintura, escultura, literatura…) Ademais remataron a exposición con outra característica do pobo xitano, a música, cantando e bailando para os seus compañeiros, resultando unha actividade moi enriquecedora para todos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario