miércoles, 16 de enero de 2019

MONUMENTOS ÓS LIBROS - 1

MONUMENTO CONMEMORATIVO DA QUEIMA DE LIBROS POLO NAZISMO
Praza Bebelplatz, Berlín, Alemania.

Na noite do 10 de maio de 1933, nesa praza foron queimados miles de libros censurados polos nazis.

O monumento conmemorativo deste feito consiste nun oco excavado no chan da praza, que aparece na fotografía de debaixo. Está tapado cun cristal, e no seu interior hai estantes baleiros de libros.

















Tamén hai un placa cun texto en alemán escrito un século antes polo autor Heinrich Heine, posto coma premonitorio da queima: Iso só foi un preludio, aí onde se queiman libros, acábase por queimar tamén persoas.  Debaixo, fotografía desa placa.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario