martes, 25 de mayo de 2021

CONCURSO MICRORRELATOS

Hoxe demos a coñecer os nomes dos gañadores do concurso de microrrelatos que a Biblioteca convocou co motivo de celebrar o día das letrsa galegas 17 de maio . 

Na primeira categoría a gañadora foi Irene Quintas de 1º ESO C.

 Na segunda categoría o gañador foi Pablo Carrajo de 4º ESO B 

Aquí vos deixo os dous para que gocedes coa súa lectura. 

 

 Irena Quintas Martinez

 E alí estaba el outra vez, tombado na cama , chorando silenciosamente para que os seus pais non se enteraran do que lle pasaba. Lembrándose das risas que botan os nenos da súa clase nos vestiarios cando hai que cambiarse de camiseta en Educación Física mentres lle berraban : "Balea , balea". De todas as veces que no comedor lle tiraban o bocadillo á papeleira ., das continuas amenazas de Xoán para que non dixese nada. Na súa clase xa lle deran moitas charlas sobre o "bullyng" , pero el non tiña amigos, estaba só, e quería que isto acabase xa . Por eso o fixo

 

 Pablo Carrajo

 A terra de ninguén 

 Na terra de ninguén as árbores non teñen follas e as flores son de arame. O que antes foron lugares rebosantes de vida agora están pavimentados con cadáveres e un horizonte interminable de sangue cobre a vista antes de morrer. Eu entrei na terra de ninguén, só para volver a ser un pai sen fillo.

 Dongre Lo

martes, 27 de abril de 2021

EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES EN LSE

Aquí vos deixamos un novo libro do proxecto lector de Rubí. Moitas grazas a Menena Cottin e a Rosana Faría por permitirnos usar o seu traballo dun xeito desinteresado.


jueves, 15 de abril de 2021

Invisible

 

 En colaboración co Dpto. de Orientación propuxemos a lectura compartida deste libro para o alumnado de 2º ESO que, dende o 22 de febreiro ata finais de abril, estivo realizando diversas actividades (lecturas en voz alta, lecturas silenciosas, debates, taller de elaboración de bolsas coa portada do libro…)

Deixámosvos fotos das distintas actividades:

PANEL NO QUE TODA A COMUNIDADE PODE DEIXAR AS SÚAS "PINGAS" CONTRA O ACOSO





TALLER DE ELABORACIÓN DE BOLSAS DE TELA COA PORTADA DO LIBRO










lunes, 12 de abril de 2021

"HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS"


 

Como en anos anteriores , este ano a nosa biblioteca elaborou unha actividade para compartir co alumnado do CEIP Princesa de España. A cauas da pandemia non nos podemos desplazar ata o colexio , por o que as alumnas colaboradoras fixeron o video  sobre o conto "Hasta que podamos abrazarnos", e enviamosllo para que  os nenos e nenas podan gozar con este traballo.


viernes, 9 de abril de 2021

ILUSTRAR "POEMAR O MAR"

 

 No día de hoxe entregamos os premios do concurso"Poemar o mar", que consistía en facer unha ilustración  dalgún poema do libro De Antonio Garcia Teijeiro "Poemar o mar" , premio nacional de poesía infantil e xuvenil.

 O primer premio foi otorgado a Andrea Guerra García de 1ºESO B

 O segundo premio foi para Nuria Barreira Cid de 1ºESO A

O terceiro premio foi para Laia Atanes de Dios de 1ºESO A

 Aquí vos deixamos as fotos dos debuxos ganadores e da entrega de premios 





 

jueves, 8 de abril de 2021

8 ABRIL- DÍA INTERNACIONAL DEL PUEBLO GITANO

Para celebrar este día los alumnos gitanos del instituto grabaron un programa de radio en el que hablan de su cultura para que podamos conocerlos un poquito mejor. 

¡Esperamos que disfrutéis tanto como nosotros preparándolo!

Además, antiguos alumnos del instituto quisieron sumarse a esta celebración y nos mandaron unos saludos que podéis ver al final del vídeo.


lunes, 22 de febrero de 2021

CONCURSO: POEMAR O MAR

 O noso instituto participa no programa "21 días co galego e +" , un programa desenvolvido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística nos centros educativos para potenciar o emprego da lingua galega entre a mocidade.

A biblioteca súmase a este programa e por iso queremos propor este concurso a todos os alumnos e alumnas do centro.