lunes, 24 de octubre de 2022

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE 




O xoves 21 visitounos no noso instituto o escritor Héctor Cajaraville . Pola mañá estivo reunido co alumnado de 1º da ESO , para falarlle do seu libro " Xestas Olímpicas " . Ao remate o club de lectura "Os Tamagani" tivo o pracer de compartir con el unha comida que convertimos en tertulia literaria , falando da súa obra .
Héctor Cajaraville gañou o o Premio Xerais no 2015 coa súa primeira novela "De remate", e foi finalista do premio Merlin de literatura infantil co libro "Quen dá a quenda"

No hay comentarios:

Publicar un comentario