Durante a pasada semana 18-22 marzo, na entrada da biblioteca do instituto estiveron expostas as taboiñas de arxila que fixeron os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO CD e os de Grego de 1º Bacharelato B no Obradoiro de escrituras gregas antigas que o Departamento de Grego leva organizando desde o pasado curso.
Tamén participaron xenerosamente dúas profesoras de ciencias: María de Física e Química e Mariña de Matemáticas. Grazas compañeiras! E grazas a Xabier de Galego por interesarse tanto nas escrituras gregas antigas!
Cada taboiña levaba escrito o nome de pila do alumno que a fixo, por unha cara en alfabeto grego, e pola outra, en silabario Lineal B, o sistema de escritura mais antigo usado para escribir en grego.
Xunto as taboíñas e a modo ilustrativo, un vídeo (podédelo ver completo abaixo) explicaba estes sistemas de escritura e o proceso de creación das mesmas polos alumnos nas súas diferentes etapas, ata a última: a cocción no forno da Escola de Artes e Oficios de Verín, pola que os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO, de Grego de 1º Bacharelato e o xefe do Departamento de Grego quedamos moi agradecidos a Tere e ó Sr. Montesinos do Concello de Verín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario