miércoles, 21 de marzo de 2018
Bibliotecas incribles do mundo (V)
BIBLIOTECA DO MOSTEIRO DE SAN FLORIAN
(SANKT FLORIAN)
A biblioteca do mosteiro é das máis antigas e impresionantes de Austria.
Posúe un total de 150.000 volúmenes, dos que 108.000 se remontan a antes do 1900. Destes volúmenes,
952 son incunables
35.443 pertencen ós séculos XVI ata o XVIII
23.493 son do s. XIX
Pero o seu tesouro, son os 800 manuscritos medievais.
A súa sala principal, do barroco tardío, impresiona polas súas poderosas estanterías. O fresco colorido do teito é de 1747, e amosa a unión entre a virtude e a ciencia, baixo a protección da relixión.
Tamén comprende obras de cartografía, do s. XVI ó XX, que tratan ademáis de xenealoxía, heráldica e historia bélica.
Outra posesión de interese desta biblioteca son os seus 253 exlibris, gravados en folla.
No 1930, a biblioteca mercou o legado literario de Rudolf Geyer (1861-1929), un orientalista vienés. Todavía 20 anos despóis, esta colección considerabase a máis rica de literatura árabe, existente entre Berlín e Roma.
Outras zonas do mosteiro:
INFO E FOTOGRAFÍAS:
http://www.stift-st-florian.at/en/monastery-st-florian/monastery-library.html
(web da Biblioteca do Mosteiro de S. Florian)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario