"Cada pinga conta" é unha actividade que lanzamos dende a Biblioteca
do noso instituto para, por unha banda, lembrarnos a todos nós que
coidar da auga, un ben cada vez máis escaso, é fundamental, e, por
outra, animarvos a todos a ler microhistorias de autores como Benedetti, Eduardo Galeano, Augusto Monterroso ou Marco Denevi.
Como
vedes nas fotos, chove na nosa biblioteca e cada pinga trae un conto,
unha historia breve mais con moito contido, que dá que pensar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario