Nesta novela poderemos ser partícipes dos derradeiros momentos da
vida dun dos máis grandes compositores de tódolos tempos: Vivaldi.
Xunto
a el, percorreremos as rúas dunha Venecia máxica, habitada por seres
humanos e por seres sobrenaturais, asistiremos á mestura de culturas e
ós abusos do Santo Oficio.
Poderemos escoitar o son dos violíns
Stradivarius aínda recén construidos, presenciaremos ensaios de óperas
pendentes de estrearse, e veremos como as paixóns humanas pouco ou nada
teñen que facer ó coitaren contra un mundo maquinalmente concibido, cheo
de cadeas e limitacións.
A ansia de liberdade unirá a tres xóvenes rapaces nun triángulo amoroso furtivo.
Déixate engaiolar pola beleza veneciana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario