jueves, 4 de enero de 2018

Laura Pousada contra a violencia de xénero

No pasado mes de maio, Laura Pousada, exalumna do Chivite, levou á escea, no Auditorio de Verín, o monólogo que ela mesma compuxo contra a violencia de xénero. Que cousa mellor que as súas propias palabras para vos presentar o vídeo:

En maio do 17 subinme ao escenario do auditorio de Verín para levar á escena un breve monólogo escrito por min mesma denunciando a violencia de xénero. Precisaba condenar esta lacra da sociedade como é a violencia machista que tantas víctimas se leva. Eu aspiro a vivir nunha sociedade máis xusta, máis humana, na que as mulleres non teñamos que ir con medo pola calle, na que vivamos na tan ansiada igualdade. Libertémonos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario