lunes, 4 de abril de 2016

Carrabouxos ´90


O Carrabouxo é unha tira satírica que se vén facendo dende os anos ’90 no periódico local A Rexión. Este curioso personaxe creado por Xosé Lois dálle un toque de humor a todas as desgrazas, chapuzas e demais accidentes que ocorren, e critica duramente o sistema político.

Alto, cunha gorra-boina marrón, xersei branco e pantalón de pana, é unha imaxe curiosa que esconde a un tipo que non dubida en criticar calquera cousa, pero sempre con esa retranca tan súa.

É todo un símbolo da cidade de Ourense, e mesmo ten unha estatua no parque de San Lázaro.

Editado por José Platero Paz, con axuda da Deputación de Ourense, recompila neste libro os mellores “Carrabouxos” dende o ano 1990 ata o 1994.

É un libro de lectura sinxela, semellante a dun cómic. Ás veces lendo alguna destas viñetas, comezas a rir pola retranca deste personaxe. Máis alá do humor, son obras moi críticas coa sociedade, a política e a corrupción. É divertido, aínda que algunas viñetas son difíciles de comprender porque non coñecemos a situación de actualidade en aquel momento.

 

Fran Fernández 1º ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario