En maio do 17 subinme ao escenario do auditorio de Verín para levar á escena un breve monólogo escrito por min mesma denunciando a violencia de xénero. Precisaba condenar esta lacra da sociedade como é a violencia machista que tantas víctimas se leva. Eu aspiro a vivir nunha sociedade máis xusta, máis humana, na que as mulleres non teñamos que ir con medo pola calle, na que vivamos na tan ansiada igualdade. Libertémonos.
jueves, 4 de enero de 2018
Laura Pousada contra a violencia de xénero
No pasado mes de maio, Laura Pousada, exalumna do Chivite, levou á escea, no Auditorio de Verín, o monólogo que ela mesma compuxo contra a violencia de xénero. Que cousa mellor que as súas propias palabras para vos presentar o vídeo:
En maio do 17 subinme ao escenario do auditorio de Verín para levar á escena un breve monólogo escrito por min mesma denunciando a violencia de xénero. Precisaba condenar esta lacra da sociedade como é a violencia machista que tantas víctimas se leva. Eu aspiro a vivir nunha sociedade máis xusta, máis humana, na que as mulleres non teñamos que ir con medo pola calle, na que vivamos na tan ansiada igualdade. Libertémonos.
En maio do 17 subinme ao escenario do auditorio de Verín para levar á escena un breve monólogo escrito por min mesma denunciando a violencia de xénero. Precisaba condenar esta lacra da sociedade como é a violencia machista que tantas víctimas se leva. Eu aspiro a vivir nunha sociedade máis xusta, máis humana, na que as mulleres non teñamos que ir con medo pola calle, na que vivamos na tan ansiada igualdade. Libertémonos.
martes, 2 de enero de 2018
miércoles, 27 de diciembre de 2017
miércoles, 20 de diciembre de 2017
Nadal na Biblioteca
Así de preciosa quedou a nosa biblioteca trala decoración de Nadal!
Ademáis, deixámosvos un reto de lectura para o ano 2018 que está a piques de comezar.
sábado, 25 de noviembre de 2017
domingo, 5 de noviembre de 2017
Relatos de terror gañadores do Concurso Samaín 2017
¡Shhhh ...!
Apenas
había tomado asento cando o Sr. Perkins comezou a revoar ao meu arredor coma un
paxaro de mal agoiro comprobando disimuladamente que cumpría as normas da
biblioteca. Dispúxeme a sacar o lapis e
a goma do meu atestado estoxo taia XL, cando o ruido do lapis de cores,
rotuladores, texoiras e pegamento fixo que se volvera cara a miña mesa coma se
un can de caza fora cheirando a súa presa.
O Sr. Perkins tan alto e delgado coma unha palmeira solitaria en metade
do deserto coidaba escrupulosamente de que as normas da biblioteca fosen
respetadas estrictamente, tan estrictamente coma coidaba de que a súa paxarita
fose estrictamente perpendicular á súa noz.
E foi así como me regalou o seu primeiro: "Shhh..." da xornada, os cales se sucedían un tras
outro ao más leve susurro, ruido ou carraspeiro que subira por riba do número
de decibeles que o seu fino oído puidera tolerar.
A escuridade fixo que comezaramos a acender
as luces das mesas de tulipas verdes que daban á gran sala da biblioteca un
aire de soledade e tristeza, cando un novo siseo do Sr. Perkins fixo que
levantara a cara dos meus apuntes:
-
¡Shhhh ...! Señorita vaia recollendo os seus libros e utensilios de
estudo. Hoxe a biblioteca pechará antes
as súas portas por cuestións persoais.
Eu fixen un xesto seguido dun ruidito que
deixaba ver claramente a miña molestia cando o Sr. Perkins volveu a sisear
¡Shhhh...!
"'Shhh, Shhh, Shhh" mofeime do
antipático home o cal sen facerme caso enfilou cara a porta da biblioteca xa co
meu sombreiro e o abrigo na man.
A señorita Smith apremioume a que abandoara
a biblioteca mentres ía apagando as luces das mesas vacías.
Cando saín da biblioteca puiden ver ao lonxe
un tumulto de xente que rodeaba a algo ou alguén en metade da calzada e outras
persoas corrían cara alí para ver o que pasou.
Eu funme camiñando cara a miña casa.
Á tarde seguinte cando cheguéi a biblioteca
o siseo incansable do Sr. Perkins sobresaltábame cada vez que pasaba unha
páxina, sacaba un pano de papel ou cando se me caeu o caderno: "Shhh,
Shhh, Shhh", retumbaba pola sala. Cansa xa dirixinme cara a mesa do
bibliotecario decidida a poñer fin a esta situación ou ao fin decidiríame a
cambiar de biblioteca. Á mesa estaba sentada
a Señorita Smith cos ollos vermellos como de ter estado chorando. Pregunteille polo Sr. Perkins cando ela dixo
despóis dun longo suspiro:
-
O Sr. Perkins non veu hoxe a traballar.
- Iso non é posible -díxenlle-,
leva toda a tarde siseando ao meu arredor dun xeito xa insoportable.
- Iso non pode ser, Señorita.
- Como que non? Preguntéi.
- O Sr. Perkins foi atropelado ante
ao saír da biblioteca. O Sr. Perkins
faleceu onte.
- Shhhh ...
- FIN -
Desperteime
no húmido chan, algo aturdido e con dor de cabeza. Levanteime e dinme de conta
de que non se vía nada e que se ouvían uns "escalofriantes pasos".
Busquei apresuradamente luz e atopei claridade a uns 10 metros. Corrín hacia
aquela luz coma nunca o fixen. Grave erro! Pois atopeime cun señor cunha
escopeta e cun candil que apuntaba a todo o que se movía. Por sorte, non estaba no seu "campo de
visión" e fuxín.
Despóis de camiñar moito tempo, atopei o meu
fogar coas luces apagadas e entrei nel.
Ao día seguinte enterámonos, grazas a nosa
veciña, que se adica a ollar pola ventá, que xogando ao escondite quedéi
incosciente, e que o home da escopeta era un cazador.
Todo encaixa. Excepto os
"escalofriantes pasos" que non sei de quen eran, nen quero sabelo, a
verdade.
- FIN -
ESCURIDADE
Todo
estaba escuro. Unha enorme masa negra estaba sobre min ocupándoo todo. Todo.
Sen luz. Non sabía onde estaba. Como chegara ata alí? Qué pasara? Non o
sabía. Un enorme sentimento de terror
invadiume e a ansiedade polo descoñecido afogábame. O meu corazón desbocábase e semellaba que ía
estalar ante a inseguridade e, de súpeto, todo parou. Sentín unha mirada observadora, malvada,
misteriosa, detrás de min, e entón a necesidade de escapar fíxose ainda maior a
unha velocidade de vértigo. Alonguéi a
man e conseguín ver un atisbo de luz, pouco a pouco. Estaba saíndo, sí. Alonguéi o outro brazo tamén. Sentín que as miñas mans escaparan, estaban
libres, mais eu non, a escuridade absoluta rodeábame misteriosamente. Tiña que
marchar, a inquietude de aquela mirada fulminábame. De súpeto vin unha luz
enriba de min, sobre a miña cabeza. Dirixinme a ela. Estaba saíndo, sí ...
Entón, coa miña sudadeira negra coma a noite xa posta, calceime e saín á
rúa. Quedara ás seis. Xa chegaba tarde.
- FIN -
viernes, 3 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







